jueves, 14 de julio de 2016

Colaboras con nós ??

Hoxe queremos presentarche unha proposta. Unha proposta na que apoiarnos mutuamente e que, sen dúbida, quedaremos moi agradecidos en ambos casos.

Queremos que colabores con nós. Si, ti empresario, ti autónomo, creemos que chegou o momento en que traballemos xuntos.

Propoñémosche que colabores coa carreira. Cómo?? 

Pois con material, con ofertas para os corredores, con descontos, ... co que ti vexas. 

Nós faremos o posible para que eso se leve a cabo e a cambio daremos publicidade nas redes sociais  da túa empresa ou comercio (e se é o caso, sairás no fotocall).


  • Quéres participar nos regalos que se sortearán entre os corredores ??
  • Quéres promocionar o teu hotel/hostal/casa rural cun desconto para os participante a noite antes da proba?
  • Queres promocionar o teu hotel e regalar unha noite aos gañadores da carreira ?? ou queres sortealo entre os atletas??
  • Tes algún desconto ou proposta para o almorzo do día da carreira??
  • Quéres ofertar os teus menús ou a túa carta do teu restaurante para que os corredores teñan constancia das túas esquisiteces??
  • Quéres ofertar unha actividade da túa empresa??
  • Que tal un xamón para regalar aos campións ?? ou unha cesta de froita exotica??
  • Es carpinteiro e queres colaborar pero non sabes cómo?? quizáis poidas
  • ...
  • Todo pode coller neste apartado e gustaríanos axudarche a promocionalo.
  • Anímaste?? 


Visita a pestaña ... COLABORAS CON NÓS ??