Regulamento


REGULAMENTO TRAIL “TERRAS DE PONDAL”
REGULAMENTO

O presente regulamento describe as condicións sobre as cales se desenrolará o evento denominado TRAIL TERRAS DE PONDAL e será de estricto cumprimento para todas as persoas participantes. Calquer incidencia non recollida no mesmo, será resolta pola organización.

O presente regulamento pode ser correxido, modificado ou mellorado en calquer momento por parte da organización coa debida comunicación aos participantes e periodos de reclamación e resolución de incidencias.

O feito de realizar a inscrición en calquera das modalidades do evento mostra a conformidade do participante coa totalidade do contido do presente regulamento.

 

INTRODUCCION
O TRAIL TERRAS DE PONDAL nace coa finalidade de coñecer a magnífica paisaxe e natureza galega e, con elo, fomentar a práctica do deporte na natureza e ao aire libre, respectando o contorno.


CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS

ORGANIZA:                  Club Brigantia Aventura e Abellariza Agrupación Deportiva
DÍA:                               18 de agosto 2019
HORA DE SALIDA:       10:00 h.
LUGAR:                         Praza do Pan (Corme-Porto)

DISTANCIAS e DESNIVEL:

  • TRAIL LARGO:      24 km (1130m+)
  • TRAIL CORTO:     15.8 km (770 m+) (700 m+)
  • ANDAINA:             11 km (515m+)

O circuito será circular e desenrolarase na súa maior parte por pistas, camiños e sendeiros polo monte, excepto a saída e chegada, que transcorrerán por asfalto.


OBXECTIVOS


  • Incentivar a práctica deportiva en contornos naturais co máximo respecto cara a natureza.
  • Axudar na dinamización da zona de influencia da carreira
  • Recuperar camiños antigos para o disfrute da xente e sociedade


CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN, PARTICIPACIÓN E CANCELACIÓN

REQUISITOS


  • Ter máis de 18 años.
  • Coñecer e aceptar as condicións do presente regulamento.
  • Realizar correctamente todos os pasos da inscrición
  • Dispor da experiencia, coñecemento, material e capacidade física necesaria para afrontar unha carreira de resistencia en montaña.

Esta é unha proba de resistencia, polo que recomendamos unha boa forma física, xa que se superan desniveis considerables, trancorrendo a carreira por terreos moi técnicos. Recoméndase realizar unha proba de esforzo meses antes.

A Organización resérvase o dereito de excluir da proba, incluso antes do inicio desta, a aquelas persoas participantes que a súa conduta sexa inapropiada.

A inscrición é persoal e intrasferible e supón a aceptación do presente regulamento. Non se permite a participación dun corredor/a que suplante a identidade doutro e non é posible realizar cambios de corredor unha vez efectuada a inscrición.


PRAZOS DE INSCRICIÓN E NÚMERO DE PRAZAS

El PLAZO para realizar a INSCRICIÓN do TRAIL TERRAS DE PONDAL será do 1 de xullo do 2019 ao 12 de agosto de 2019, existindo un límite de 400 participantes.

Unha vez cuberto o número de participantes (no caso de que se complete o número máximo de inscricións), crearase unha lista de espera para ir completando aquelas baixas que poideran orixinarse.

A data do 12 de agosto será tamén na que se pechará o prazo para efectuar calquer tipo de cambio ou modificación nas fichas das persoas participantes, polo que a partires dese mesmo día, os datos recollidos na inscrición tomaranse como válidos.

A participación estará aberta a todas aquelas persoas que formalicen correctamente a INSCRICIÓN e cumpran cos requisitos establecidos se os houbese na súa modalidade de competición.


LISTA DE ESPERA

En caso de que se esgoten as inscricións establecerase unha lista de espera para cubrir as baixas que poidan ocasionar os corredores/as.


A adxudicación da praza efectuarase por estricto orde de inscrición á lista de espera e cando recibamos unha petición de baixa dun corredor. Neste caso comunicaráselle por e-mail dende a organización a obtención da súa praza (inscrición) e dende ese mesmo momento será considerada/o inscrita/o a tódolos efectos.


NON PARTICIPACIÓN E DEVOLUCIÓN DE INSCRICIÓN:

ADVERTENCIA: No caso de que un corredor/a non participe na carreira, sexa cal fose o motivo, a Organización non devolverá* o importe da inscrición nin estará obrigada a entregarlle ningún recordo da mesma (o que inclúe a bolsa do corredor) unha vez concluido o trail.

En caso de suspensión da proba antes do seu inicio, a Organización intentará buscar outra data para dito evento, ou facilitará a participación nas vindeiras edicións.

O mal tempo non será impedimento para a realización da proba, si ben a Organización resérvase o dereito de suspendela ou modificar o seu percorrido si o cre oportuno, sobre todo, se considera que a integridade física dos corrredores pode verse perxudicada.


QUÉ INCLÚE A INSCRICIÓN:

 Dorsal
 Bolsa do corredor con recordo conmemorativo para aqueles atletas que efectúen a saída o día da proba.
 Avituallamentos: Agua, bebidas isotónicas e alimentos sólidos.
 Seguro de R.C. e  seguro de accidentes
 Asistencia durante a carrera mediante o dispositivo sanitario e de seguridade fixado pola Organización
 Gardarroupas na zona de saída/meta
 Duchas e vestiarios na zona de servizos, situada no polideportivo de Corme
 Premios, aos primeiros clasificados absolutos e das categorías senior e veterán de ambas distancias (longo e curto), e de sexo feminino e masculino. (Andaina non competitiva).
 Degustación dun pincho posto pola organización
 Percorrido sinalizado
 Cronometraxe


CATEGORÍAS E PREMIOS:

CATEGORÍAS:

Disporase de 2 categorías:
        SENIOR:               dende os 18 ata os 44 anos
        VETERANAS/S:   a partires dos 45 años inclusive
A idade a ter en consideración será a que teña ao finalizar o ano.


PREMIOS:

A entrega de premios realizarase aproximadamente ás 14:00 horas. Entregarase premio aos seguintes clasificados:

        TRAIL LONGO:
o    1º, 2º e 3º clasificado SENIOR
o    1º, 2º e 3º clasificada SENIOR
o    1º, 2º e 3º clasificado VETERÁN
o    1º, 2º e 3º clasificada VETERANA
o    1º, 2º e 3º clasificados absolutos
o    1º, 2º e 3º clasificadas absolutas

        TRAIL CURTO:
o    1º, 2º e 3º clasificado SENIOR
o    1º, 2º e 3º clasificada SENIOR
o    1º, 2º e 3º clasificado VETERÁN
o    1º, 2º e 3º clasificada VETERANA
o    1º, 2º e 3º clasificados absolutos
o    1º, 2º e 3º clasificadas absolutas



AVITUALLAMENTOS:

A carreira disporá de varios avituallamentos tanto líquidos (auga e isotónico) como sólidos (plátano, sandía, laranxa, …)

        TRAIL LONGO:    3 Avituallamentos + meta
        TRAIL CURTO:    3 Avituallamentos + meta
        ANDAINA:            Avituallamento + meta


SEGURO DE ACCIDENTES
Todo corredor/a que participe no Trail Terras de Pondal, estará cuberto cun seguro de accidentes contratado pola organización. Dito seguro será efectivo os días de celebración da carreira.

O participante eximirá á Organización de calquer responsabilidade en caso de lesión e/ou accidente por causas alleas á propia organización do evento.

A organización non será responsable de ningún dano causado por unha imprudencia ou neglixencia do participante.

Queda excluido a Responsabilidade Civil dos danos ocasionados polos participantes a terceiros, non puidendo culpar en ningún caso á organización de ditos danos.

Asimesmo, os participantes declaran que están na condición física perfecta para realizar a carreira, que participan voluntariamente, baixo a súa propia responsabilidade na competición e descargan á organización dos posible danos que se xeneren por realizar unha proba de resistencia. .


MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDADO

Tódolos corredores/as deberán levar un MATERIAL OBRIGATORIO DE SEGURIDADE, que pode ser controlado na saída, na chegada ou en calquer punto da carreira que é o seguinte:

        DORSAL VISIBLE na parte dianteira

Os/as deportistas que no porten o material obrigatorio non poderán continuar a carreira e serán inmediatamente descalificados/as (haberá controis ao longo do percorrido).

Este material pode ser aumentado por parte da organización, previo aviso polos cauces que estime oportuno.


MATERIAL RECOMENDADO (dependendo da climatoloxía este material recomendado pode sufrir modificacións)

        ROUPA E ZAPATILLAS ADECUADAS PARA UNHA CARREIRA POR MONTE
        SISTEMA DE HIDRATACIÓN
        CREMA SOLAR
        TELÉFONO MÓBIL


SINALIZACIÓN:
A carreira estará marcada con pequenas sinais, pequenos carteis informativos, bandeiriñas e cintas colgantes distanciadas unhas de outras, co obxectivo de que o corredor/a siga o trazado da organización.


COMPORTAMENTO DEPORTIVO e SOSTENIBILIDADE
A solidariedade, a colaboración e o respecto entre participantes, e entre estos e os voluntarios, patrocinadores, público e outros posibles usuarios dos camiños por onde transcorre a carreira son elementos centrais deste Trail. Non respectalos será motivo de descalificación.

A circulación nos pasos por estrada está aberta ao tráfico e os participantes deberán respectar as normas viais nas estradas de uso público e poboacións.

Os participante serán responsables dos danos ocasionados na poboación, contorno e medio ambiente.

Está prohibido ir acompañado/a doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.


RELACION DE PAUTAS XERAIS DE RESPECTO AO MEDIO AMBIENTE
As seguintes pautas van dirixidas aos participantes e persoas que realicen o seguimento da proba.

Non verter nin abandoar obxectos ou residuos sólidos ou líquidos fora dos lugares habilitados.
Retirar e trasladar todos os elementos e residuos producidos nas zonas de asistencia, saída e meta. 
Realizar o percorrido producindo o menor ruido posible.
Non perturbar a tranquilidade do espazo ou á fauna doméstica ou salvaxe.
Non invadir propiedades privadas ou prohibidas ao longo do percorrido.  
Respectar o mundo rural, os dereitos e costumes locais. 
Non producir alteracións nos procesos e no funcionamento natural dos ecosistemas. 
Non deteriorar os recursos bióticos, xeolóxicos, culturais ou, en xeral, da paisaxe.  
Sortear ou evitar as zonas medioambientalmente sensibles.  
Limitar o uso de sonidos ás necesidades básicas de organización, progresión, seguridade e emerxencia, especialmente no interior de espazos naturais protexidos.   
Utilizar o número mínimo de vehículos posibles e estacionar en lugares autorizados.
Circular con prudencia por pistas e estradas abertas ao tráfico.  
Circular despacio en presenza de persoas, animais ou outros vehículos. 
Evitar a marcha polos ríos cando esta poida facerse pola orilla.  
Realizar as necesidades fisiolóxicas nos lugares adecuados ou, en todo caso, fora da auga e lonxe dos puntos de paso ou reunión de persoas, nin en lugares rochosos.
Non prender lume nin provocara situacións de risco de incendio.  


DEREITOS DE IMAXE
Todos os participantes renuncian a utilizar os seus dereitos de imaxe e autorizan á organización e aos patrocinadores a utilizar e publicar libremente as imaxes de foto e video grabadas durante os días que dure a proba, incluindo momentos previos e posteriores, dende a recollida de dorsais, entrega de premios, traslado de participantes e pincho de confraternidade.

Ademáis dos voluntarios, persoal de montaxe e persoal externo á proba pero que dunha forma ou outra participe en ela, aceptan tamén a cesión de ditos dereitos de imaxe.

En cumprimento da lei de protección de dereitos de imaxe: calquer excepción deberá ser presentada por escrito pola persoa facendo mención expresa das imaxes.

A Organización da proba, poderá utilizar este material como crea convinte, sempre que non vulnere o dereito á intimidade do participante. De igual forma, os corredores inscritos accederán a que o seu nome salga reflexado no listado de participantes e clasificación publicado na páxina web da carreira ou en calquer outro medio de comunicación ou rede social.



DESENROLO DA PROBA

REUNIÓN INFORMATIVA (BRIEFING) (O día da proba ás 9:30 h.)
Previo ao inicio das carreiras realizarase unha reunión informativa de carácter non obrigatorio (aínda que recomendable) cos corredores das 2 modalidades, na que se tratarán temas relacionados co material, percorrido, seguridade e comportamento en carreira, así como información de última hora que sexa de interés para o corredor.


ENTREGA DE DORSAIS E BOLSA DE CORREDOR
Os dorsais poderán recollerse de forma anticipada os días 16 e 17 de agosto no lugar e horarios a especificar días antes nas redes sociais da organización, debendo presentar os participantes o DNI ou calquer outro doumento legal identificativo.

O dorsal poderá recollerse tamén o día da proba dende as 8:30 ás 9:30 horas, na secretaría da carreira.

O corredor deberá portar o dorsal en todo momento en lugar visible, non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O incumplimento reiterado deste apartado acarreará a descalificación inmediata do corredor.


ZONAS E HORAS DE SAIDA E CHEGADA:


  • HORA LÍMITE DE RECOLLIDA DE DORSAIS: domingo 18 ás 9:30 horas na secretaría situada na saída.
  • SALIDA: Domingo ás 10:00 h.
  • HORA DE PECHE DE META: 14:00 h.


OS CONTROIS

Ao longo do percorrido, haberá controis de paso, ben sexa de forma automática ou manual, para asegurarse de que os corredores completan o percorrido, ademáis de rexistrar os tempos de paso de cada un.


TEMPOS DE CORTE

Estableceranse os seguintes tempos de corte intermedios:

  • Alto das Travesas (repetidor)  km   7.9    2 horas de darse a saída (curto-longo)
  • Tunel estrada Corme               km 15.5   3 horas de darse a saída (longo)
  • PECHE DE META                                    4 horas de darse a saída

Todo aquel participante que chegue cun tempo superior, será descalificado. O que queira continuar, terá que entregar OBRIGATORIAMENTE o dorsal e quedando a organización exenta de calquer incidencia que poida ocorrerlle.


ABANDONO

Os participantes poderán abandoar a proba voluntariamente, coa obrigación de informar e dirixirse aos voluntarios da carreira, que avisarán á organización de inmediato para levalos á meta.

A parte, a organización ou os servizos médicos poden obrigar a abandonar a un partipante, ou obrigalo a facer unha parada, se consideran que se atopan nunha situación física de risco.


XURADO, RECLAMACIÓNS, PENALIZACIÓNS e DESCALIFICACIÓN

A organización será a responsable de velar polo correcto cumprimento das normas que rixen a carreira, aplicando as penalizacións e/ou descalificacións que crea oportunas dacordo cun listado de infraccións (non limitativo) que figura a continuación:


  • Saída do percorrido marcado
  • Dorsal tapado, dobrado ou non visible claramente
  • Acompañamento por parte dunha persoa non inscrita na carreira
  • Asistencia fora dos avituallamentos
  • Usar transporte non autorizado durante o transcurso da carreira
  • Abandono voluntario de lixo
  • Calquer comportamento ou actitude que perxudique ou degrade o contorno (incluido facer excesivo ruido)
  • Mostrar unha actitude antideportiva
  • Non dispor dalgún elemento do equipo obrigatorio
  • Non asistir a unha persoa con dificultade (ferida, grande esgotamento, hipotermia, lipotimia, etc).
  • Non pasar por un punto de control.

A organización poderá tomar a decisión de establecer os puntos de control que crea oportunos, sin previo aviso e sin necesidade de informar previamente da súa localización.

Os membros da organización serán tamén os responsables de valorar as posibles reclamacións que poida haber en relación á clasificación, penalizacións e/ou descalificacións que se aplicasen.
As reclamacións deberanse comunicar a algún dos membros da organización no seguinte punto de control.