viernes, 23 de agosto de 2019

Recopilación de fotos

Xa están dispoñibles na pestaña "FOTOS 2019" centos de fotos recollidas polo noso persoal voluntario. Iremos engadindo máis conforme nos vaian chegando.



martes, 20 de agosto de 2019

Resultados Trail Terras de Pondal 2019

Xa podedes ver as clasificacións das dúas distancias na pestaña "clasificacións"


sábado, 17 de agosto de 2019

Recogida de dorsales

Finalmente no habrá recogida de dorsales en la mañana del sábado.

La recogida de dorsales será la siguiente:

SÁBADO POR LA TARDE:   De 19:00 a 21:00 horas en Praza do Pan -Corme-
DOMINGO: De 8:30 a 9:30 horas en Praza do Pan -Corme-

El lugar de recogida es la plaza donde se dará la salida y la meta, punto neurálgico de la carrera.

Es recomendable que paséis a recogerlo para evitaros colas ...


jueves, 15 de agosto de 2019

250 gracias

La organización del Trail Terras de Pondal, quiere agradeceros vuestra participación el próximo domingo 18 de agosto en Corme - Ponteceso. 

Mañana viernes, recibiréis un email con información interesante para el domingo. 
La organización sigue trabajando para que todo salga lo mejor posible y podáis tener un buen recuerdo de vuestra presencia en el Trail Terras de Pondal 2019.




Para quien ya ande por la zona estos días, os dejamos un par de actividades que os pueden interesar:

Viernes: Buena música y mucho swing en la velada musical que protagonizará The Swinging Flamingos en un concierto en la Praza do Pan de Corme a partir de las 22:30 horas. Un auténtico viaje a la ciudad de Nueva Orleáns de los años 20.

Sábado: Certame Internacional de Pintura Fernando Álvarez de Sotomayor, con más de 75 artistas inscritos. Además de grandes artistas pintando en las calles, se sumará la animación musical, pintura infantil y parrillas de sabores en los bares de la localidad de Ponteceso. 



sábado, 10 de agosto de 2019

PRESENTACIÓN do Trail Terras de Pondal en Ponteceso

O venres 9 de agosto, tivo lugar a presentación do Trail Terras de Pondal no Edificio dos colexios, con presenza da prensa local entre os asistentes. 


Falaron por este orden, Quito González como director de carreira e presidente do Club Brigantia Aventura, Miguel Cousillas, como presidente da Agrupación Deportiva Abellariza, Modesto Parga, como representante da agrupación de Protección Civil de Ponteceso, Raquel Fondo, como concelleira de Turismo, Deporte, Festexos e Dinamización Económica e o alcalde Xosé Lois García Carballido, que pechou o acto. 




jueves, 8 de agosto de 2019

Perfil e características do TRAIL LONGO


Trail largo: 24,5km 1130m

A distancia que nos deixará ver a ría de Corme-Laxe e o Atlántico polo outro lado.

Coa saída dende a pequena praza do Pan, percorreremos uns poucos metros pola estrada principal á vila, para meternos (como o trail curto) cara o paseo das Praia Arnela e Osmo, saíndo polo sendeiro cara a Praia Hermida, que percorreremos ata o final e que nos levará á liña eléctrica para sair xa cara os montes de Corme e Balarés. Sendeiros que nos unirán entre pistas e camiños, sempre pola cara sur do monte, disfrutando das vistas da ría. O percorrido será idéntico ao curto ata pasar os repetidores (ver descrición do trail curto). A  partires de aí, comezaremos unha pequena baixada rota que nos levará a un bosque encantado. O sendeiro levaranos despois a unha “parede” curta pero que nos acordaremos dela. Non tardaremos en seguir o rastro dos animais xogando entre a vexetación. Durante varios km teremos zonas moi rápidas e con planicies que de vez en cando nos levarán a sendeiros abertos entre a vexetación. Para ver o Atlántico temos que cambiar de monte, e farémolo despois de superar un túnel por debaixo da estrada. Espéranos ao outro lado un dos avituallamentos. Subiremos un pequeno tramo da vía romana para logo poñer velocidade de cruceiro durante un bo anaco. Voltaremos a cruzar o monte por un sendeiro que nos levará a torre do Faro de Brantuas, onde poderemos contemplar a ría e o atlántico. Comezamos a baixada por un pequeno tramo de pista para meternos nunhas rochas e ver o atlántico dende un lugar privilexiado. Ollo coa baixada. Os animais abríronos de novo o camiño. Non tardaremos en ver unha baía tranquila, en silencio, que fará olvidarnos do esforzo feito ata o de agora.

Unha pequena subida de asfalto levaranos a outra das subidas da xornada. O cortalumes de Guxín que, aínda que curto, xa as forzas non son moitas. Dende aquí, prácticamente é toda chan e baixando. Un centos de metros por debaixo da liña eléctrica levaranos a uns camiños cada vez máis amables. Pasada de novo a estrada esos camiños fanse máis cómodos e gozaremos da súa compañía prácticamente ata a entrada da vila. O pavillón indicaranos que estamos preto da meta. Unha última subidiña para contemplar a ría dende o alto de Corme será o prelúdio que agora si, xa estamos prácticamente na meta. Unhas escaleiras levarannos á estrada principal, a meta está localizada. Parabéns polo esforzo.





martes, 6 de agosto de 2019

Perfil e características do TRAIL CURTO

TRAIL CURTO: 15,4 Km e 650m+.


Sairá e rematará na Praza do Pan de #Corme

Despois de coller a rúa principal, entraremos nun fermoso paseo entre dúas praias (Arnela e Osmo), para a continuación proseguir por un sendeiro cara a Praia da Hermida que cruzaremos de lado a lado. Uns metros de asfalto en llano faranos chegar á liña eléctrica, que nos meterá xa en zona montuna. Comeza prácticamente aquí o primeiro desnivel importante da carreira. Daranos unha pequena tregua en poucos minutos, entrando nunha pista recén acondicionada, na que podemos poñer velocidade de cruceiro por si nos despistamos nos primeiros metros da carreira. Non tardaremos en meternos por camiños de tractores pouco a pouco ao interior dos montes. Un sendeiro entre árbores, toxos e fieitas seguirá subindo amablemente ata chegar de novo a unha pista/camiño na que tomar de novo uns folgos. Chega a hora de baixar. Unha pequena pegada no chan levaranos de forma rápida cara o nivel do mar. Levantade a cabeza porque as vistas son espectaculares sobre a ría de Corme e Laxe.


Non tardaremos en chegar á área recreativa da Praia de Balarés, co seu fermoso pinar, que cruzaremos para afrontar as seguintes subidas da xornada. Camiños antigos que parecen alfombras baixo as árbores fará que o levemos mellor. O ascenso está asegurado. Dende aquí contemplaremos tamén as vistas das praias e da ría. De vez en cando é convinte votar a vista atrás, non defraudan.

As antenas de Tv e telefonía, estarán expectantes á nosa chegada, en silencio, contemplando a fermosura da desenvocadura do río Anllóns en unión coa ría. Unha pequena baixada e cruzaremos a estrada. Aquí dividirase o percorrido longo do curto. Bye bye. Xa pasamos o km 8. Comezamos a voltar cara Corme. Agora poremos a vista cara a nosa esquerda. Sendeiros en zig-zag, xoguetóns, faranos desfrutar ao mesmo tempo que nos fará sufrir. Queda pouco, pero á vez queda moito. Queda distancia para meta, pero tamén queda desnivel. Unha das pendentes máis pronunciadas está aquí e levaranos a un mirador natural que nos ensinará unha nova panorámica da ría dende outro punto de vista. A baixada é rápida, polo que debemos tomar precaucións. Un pequeno respiro por camiño plano faranos ben, para afrontar outro ascenso entre piñeiros. A estampa quedaranos no recordo. Por fin chegamos a un tramo de pista que nos fará mirar á esquerda. O ascenso seguinte é suave entre árbores, o que agradeceremos. Ao final voltaremos mirar cara a ría e xogaremos coas pedras e arbustos serpenteando entre eles. Unha das vistas máis fermosas da ría poderemos contemplala en pouco tempo. A partires de aquí, prácticamente todo é baixada. Faremos de xabaríns entre toxos e fieitas, pasaremos por montes que parecen encantados e en nada atoparémonos de novo na liña eléctrica que usamos cando saímos. Voltaremos de novo a facer o camiño de volta pola Praia da Hermida e sendeiro que nos levará de novo á vila de Corme. Unha vez cheguemos á estrada principal, collerémola ata meta. A satisfacción será plena. Asegurado.



domingo, 4 de agosto de 2019

Perfil e características da ANDAINA

A andaina terá un percorrido de 10,3 km e 400 metros positivos, comezando e rematando no punto neurálxico da carreira sita na Praza do Pan de Corme.

Despois de sair da vila pola súa estrada principal, tomaremos un sendeiro que nos levará á Praia da Hermida (que cruzaremos de punta a punta) para a continuación contemplar a ría de Corme-Laxe dende un sendeiro que nos levará prácticamente á Punta da Facha, un mirador natural no que poderemos contemplar a ría no seu esplendor, rodeados de silencio e natureza. 

A continuación, ascenderemos por pistas e camiños ata chegar ao punto máis alto da andaina, onde voltaremos a ver a ría, desta vez dende outro punto de vista. Aquí repoñeremos forzas, xa prácticamente é todo descenso.

A partires de aquí, enlazaremos co percorrido de volta do trail curto, que nos levará por sendeiros de monte ata prácticamente a Praia da Hermida, na que voltaremos polo mesmo sendeiro que nos levará de novo á entrada da vila, onde colleremos esta estrada para chegar á meta na Praza do Pan. 


miércoles, 31 de julio de 2019

lunes, 29 de julio de 2019

cartaz actualizado

Este é o último cartaz publicado.





viernes, 26 de julio de 2019

Pincho de confraternidade

 





Todos e todas as participantes, poderán saborear un pincho da rica paella no pincho de confraternidade que teremos unha vez rematada a carreira. Rica, rica ...

domingo, 28 de abril de 2019