Presentación

O TRAIL TERRAS DE PONDAL xurde na cabeza de xente relacionada co deporte na natureza e coa inquietude de ensinarvos ao resto dos humáns, as fermosas vistas, os lugares máis recónditos, os distintos olores que ten a nosa natureza e os camiños dunha determinada zona da nosa Galicia.

Esta carreira está encamiñada tamén a que a xente dos lugares, perciba e entenda que este tipo de actividades é un motor económico para a zona de influencia. Tamén se busca a recuperación de antigos camiños, hoxe en día intransitables pola maleza, para darlle de novo a vida que tiñan antano, e poder desfrutar deles, ben sexa correndo ou andando. 





Concello de Ponteceso pertence á comarca de Bergantiños, onde o Bardo Eduardo Pondal escribía os seus fermosos versos e de onde saiu a letra do Himno Galego. 

Estas terras, tamén viron nacer a célebres mariñeiros e almirantes, como Francisco Mourelle de la Rúa, figura ilustre da navegación da historia naval española, descubridor de illas nos Mares do Sur, do arquipélago de Vavao e explorador da costa de Alaska.




O Club Brigantia Aventura (organizador), xunto coa Asociación Abellariza, tentarán adaptar os percorridos a lugares de gran beleza paisaxística, intentando que a competición sexa un mundo de sensacións, non só a nivel físico, senón tamén a nivel de todos os sentidos. 

O TRAIL TERRAS DE PONDAL dará a oportunidade de participar nas súas modalidades de carreira, a corredor@s con experiencia, pero tamén a tod@s @s que queiran descubrir e desfrutar unha nova forma de correr en contacto coa natureza da nosa querida Galicia. Terá dúas distancias (trail curto e trail longo), unha andaina e moitas sorpresas máis. 




Esperámosvos