jueves, 8 de agosto de 2019

Perfil e características do TRAIL LONGO


Trail largo: 24,5km 1130m

A distancia que nos deixará ver a ría de Corme-Laxe e o Atlántico polo outro lado.

Coa saída dende a pequena praza do Pan, percorreremos uns poucos metros pola estrada principal á vila, para meternos (como o trail curto) cara o paseo das Praia Arnela e Osmo, saíndo polo sendeiro cara a Praia Hermida, que percorreremos ata o final e que nos levará á liña eléctrica para sair xa cara os montes de Corme e Balarés. Sendeiros que nos unirán entre pistas e camiños, sempre pola cara sur do monte, disfrutando das vistas da ría. O percorrido será idéntico ao curto ata pasar os repetidores (ver descrición do trail curto). A  partires de aí, comezaremos unha pequena baixada rota que nos levará a un bosque encantado. O sendeiro levaranos despois a unha “parede” curta pero que nos acordaremos dela. Non tardaremos en seguir o rastro dos animais xogando entre a vexetación. Durante varios km teremos zonas moi rápidas e con planicies que de vez en cando nos levarán a sendeiros abertos entre a vexetación. Para ver o Atlántico temos que cambiar de monte, e farémolo despois de superar un túnel por debaixo da estrada. Espéranos ao outro lado un dos avituallamentos. Subiremos un pequeno tramo da vía romana para logo poñer velocidade de cruceiro durante un bo anaco. Voltaremos a cruzar o monte por un sendeiro que nos levará a torre do Faro de Brantuas, onde poderemos contemplar a ría e o atlántico. Comezamos a baixada por un pequeno tramo de pista para meternos nunhas rochas e ver o atlántico dende un lugar privilexiado. Ollo coa baixada. Os animais abríronos de novo o camiño. Non tardaremos en ver unha baía tranquila, en silencio, que fará olvidarnos do esforzo feito ata o de agora.

Unha pequena subida de asfalto levaranos a outra das subidas da xornada. O cortalumes de Guxín que, aínda que curto, xa as forzas non son moitas. Dende aquí, prácticamente é toda chan e baixando. Un centos de metros por debaixo da liña eléctrica levaranos a uns camiños cada vez máis amables. Pasada de novo a estrada esos camiños fanse máis cómodos e gozaremos da súa compañía prácticamente ata a entrada da vila. O pavillón indicaranos que estamos preto da meta. Unha última subidiña para contemplar a ría dende o alto de Corme será o prelúdio que agora si, xa estamos prácticamente na meta. Unhas escaleiras levarannos á estrada principal, a meta está localizada. Parabéns polo esforzo.