domingo, 4 de agosto de 2019

Perfil e características da ANDAINA

A andaina terá un percorrido de 10,3 km e 400 metros positivos, comezando e rematando no punto neurálxico da carreira sita na Praza do Pan de Corme.

Despois de sair da vila pola súa estrada principal, tomaremos un sendeiro que nos levará á Praia da Hermida (que cruzaremos de punta a punta) para a continuación contemplar a ría de Corme-Laxe dende un sendeiro que nos levará prácticamente á Punta da Facha, un mirador natural no que poderemos contemplar a ría no seu esplendor, rodeados de silencio e natureza. 

A continuación, ascenderemos por pistas e camiños ata chegar ao punto máis alto da andaina, onde voltaremos a ver a ría, desta vez dende outro punto de vista. Aquí repoñeremos forzas, xa prácticamente é todo descenso.

A partires de aquí, enlazaremos co percorrido de volta do trail curto, que nos levará por sendeiros de monte ata prácticamente a Praia da Hermida, na que voltaremos polo mesmo sendeiro que nos levará de novo á entrada da vila, onde colleremos esta estrada para chegar á meta na Praza do Pan.